Eucaristía preparada polo Grupo de Adultos I: 1 de febreiro

CANTO DE ENTRADA

MONICIÓN DE ENTRADA (Soco)

Estamos todos reunidos, dispoñémonos a escoitar a palabra de Deus e a celebrar a Eucaristía, pero ao Anfitrión desta celebración queremos saudarlle dunha maneira especial. Él convídanos e nós deixámonos convidar, esperando que a súa forma de actuar e as súas ensinanzas calen en nós de tal xeito que nos permita seguir o seu exemplo.
Dende o grupo de adultos queremos facervos partícipes deste convite, queremos compartir con todos o seu proxecto de vida para construir un mundo máis humano.
Sexade benvidos.

MONICIÓN PRIMEIRA LECTURA ( María Elena)

A primeira lectura de hoxe, tomada do libro do Deuteronomio, esplícanos que o profeta é o mensaxeiro da palabra de DEUS, é un mediador entre DEUS e o seu pobo. Moises foi o grande profeta, ata a chegada de CRISTO, como logo leremos no Evanxeo. Escoitemos.

PRIMEIRA LECTURA ( Deut. 18, 15-20) (María)

CANTO

MONICIÓN SEGUNDA LECTURA (María Elena)

Na segunda lectura, o Apóstolo San Paulo dille aos Corintios que non se compliquen a vida, que o que estea libre de compromisos sexa o que adique o seu tempo en corpo e alma aos asuntos do Señor. Pola contra, o resto, que se centre na súa familia e nos temas do mundo, que é outra forma importante de adicarse aos asuntos do Pai. Escoitemos.

SEGUNDA LECTURA ( I Cor. 7, 32-35) (José Manuel)

EVANXEO (Marcos 1, 21-28)

HOMILÍA (Ricardo, Soco, Tito)

Dende o grupo de adultos queremos compartir con vós o que nos suxiren as lecturas da celebración de hoxe:
Os que seguían a Xesús quedaron estrañados porque “ non ensinaba como os letrados
senon con autoridade”.
Pero, ¿Qué pensan os homes que é a autoridade? e ¿Cal é a autoridade de Xesús?

A AUTORIDADE DOS HOMES A AUTORIDADE DE XESÚS

Os homes pensamos que ter autoridade é mandar sobre os que son inferiores.

A autoridade de Xesús consiste en dar resposta á realidade que se lle ofrece estando atento ás persoas.

A autoridade dos homes é ter poder para tomar decisións.

Xesús opta polos máis necesitados.

Ter autoridade é saber moito, falar de memoria repetindo as cousas aínda que non se entendan.

Xesús faise comprender polos que o escoitan, ilustrados e humildes. Asombra coa súa doctrina. É novidade. Sabe do que está falando.

Para ter autoridade hai que ter cartos, aínda apropiándose dos recursos naturais dos pobos.

A distribución da riqueza, o aproveitamento dos recursos propios e o compartir cos máis pobres é unha das ensinanzas de Xesús.

Os homes queremos ser os máis importantes.

A autoridade de Xesús acádase dende o servicio e a entrega. É a autoridade do AMOR.

Os homes presumimos de títulos, masters, currículum.

Xesús ensina co seu exemplo, cos seus feitos, coa súa vida.

A autoridade dos homes baséase en ser os expertos, os mellores, os únicos.

Xesús busca colaboradores capaces de cambiar a maneira de pensar para levar adiante o seu proxecto de vida.

E nós, os que estamos aquí ¿sabemos tamén falar con autoridade? ¿Recoñecemos, valoramos e respectamos aos que teñen adicación exclusiva ao proxecto de Xesús e, polo tanto, autoridade?
Queremos deixarvos estas preguntas formuladas e pasámoslle a palabra a nosa autoridade, Ricardo, que nos acompaña, agarda por nós, prepáranos o local, deixanos facer, promove os nosos talentos é, en definitiva, é o reflexo da autoridade dende a entrega e o servicio.

ORACIÓN DOS FIEIS: (María)

1.- Para que todos os que non teñen alimentos, emprego, os que viven oprimidos ou sofren abusos, encontren o amor de Deus nas súas vidas.
¡PEDIMOSCHO SEÑOR!

2.- Polos que odian, matan, enganan e menosprezan os dereitos dos demais, para que o Señor cambie os seus corazóns.
¡PEDIMOSCHO SEÑOR!

3.- Por todos Nós, para que co amor a Deus e aos demais, cambiemos nas nosas vidas a nosa ambición, a nosa avaricia, a nosa envidia, a nosa superioridade.
¡PEDIMOSCHO SEÑOR!

OFERTORIO: (José Manuel)

- Ofrecémosche Señor, esta foto do noso grupo, símbolo do esforzo por reflexionar sobre as Túas ensinanzas e do noso compromiso coa comunidade.
- Aquí tes Señor as nosas mans, ofrecémoschas como símbolo dos nosos desexos para loitar contra os males do noso tempo, axudar ós necesitadoe e de ser os Teus colaboradores para levar adiante o proxecto que nos ofreces.
- ofrecemento do pan e do viño

CANTO

CANTO: NOSO PAI

CANTO: PAZ

CANTO DE COMUÑÓN

ACCIÓN DE GRAZAS: (Tito)

Queremos, Señor, darte as grazas pola sorte que tivemos o pasado domingo, por non resultar ninguén ferido no accidente ocurrido durante a celebración de confirmación.

Grazas polos rapaces que acaban de confirmárse comprometéndose á construcción do Reino.

Dámosche grazas Señor por todos os bos mestres que nos fumos atopando ao longo das nosas vidas e nos ensinaron a ser o que somos.

Grazas por asombrarnos coa túa palabra e a túa vida que da Luz ás nosas vidas e nos ensina o camiño da verdade.

Grazas por poñer no noso camiño persoas capaces de ser testemuñas coa súa vida do proxecto de Deus Pai.

Grazas por Ricardo, Donato e Xenaro que nos acompañan, con “autoridade amorosa”, a desenvolver os nosos proxectos de vida ao estilo de Xesús.

DESPEDIDA


CANTO FINAL