Celebrantes:
D. Luis Otero Outes, Vicario Episcopal.
D. Ricardo Viqueira Otero, párroco.
Ritos Iniciais
MONICIÓN DE ENTRADA: Marcos
Familiares e amigos, estamos reunidos todos aquí para celebrar o sacramento da Confirmación; tras unha longa preparación chegamos hoxe decididos a dar un paso máis no noso achegamento a Xesús.
CANTO DE ENTRADA: “Baja a Dios de las nubes”
ACTO PENITENCIAL
CANTO: “Te damos gracias Señor”
Liturxia da Palabra
MONICIÓN DA 1º LECTURA: Andrea
Nesta lectura, o profeta Isaías anuncia un futuro mellor no que o Espírito do Señor xoga un papel moi importante. Escoitemos o que nos quere dicir.
1º LECTURA: Isaías 11, 1-4 Adriana
Lectura do libro do profeta Isaías:
“Naquel día, sairá un xérmolo do pé da árbore de Ixaí e un gromo brotará da súa raíz. Descansará sobre el o Espírito do Señor, Espírito de sabedoría e discernimento, o Espírito de consello e fortaleza, Espírito de ciencia e de temor do Señor. Sentirá a súa compracencia no temor do Señor. Non xulgará á apariencia dos seus ollos, nin sentenciará conforme ás faladurías dos seus oídos. Xulgará ao pobre conforme á Xustiza, e sentenciará con rectitude aos oprimidos da nación.”
Palabra do Señor.
CANTO INTERLECCIONAL: “Escucha tú”
MONICIÓN 2ª LECTURA: Laura
Todos e todas nacemos cun don especial dado por Deus. Temos que construir as nosas vidas axudando aos irmáns para poder formar unha comunidade.
2ª LECTURA: 1ª Cor 12, 4-13 Ángela
Lectura da primeira carta do Apóstolo Paulo aos Corintios:
“Irmáns, hai diversidade de dons, pero un mesmo Espírito. Hai diversidade de servicios pero un mesmo Señor. Hai diversidade de realizacións, pero un mesmo Deus que realiza todo en todos. A cada quen dáselle a manifestación do Espírito para o ben común. A un, o Espírito dalle palabra de sabedoría; a outro dalle palabra de ciencia o mesmo Espírito; a aqueloutro o mesmo Espírito concédelle fe. A un, este mesmo Espírito dalle o don de curacións, a outro, o don de facer milagres, a outro discernimento de Espíritos. A un, don de falar distintas linguas; a outro, o saber traducir esas linguas. Pero todo isto é o mesmo Espírito quen o realiza, repartindo a cada un en particular, como a El lle parece. Porque igual que o corpo, sendo un, ten moitos membros e todos estos membros, con seres moitos, non fan máis dun corpo: así tamén Cristo. Porque a todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo: Tanto xudeos, coma gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.”
Palabra do Señor.
CANTO: “Aleluia de Taizé”
MONICIÓN DO EVANXEO: Iván
Ao igual que Xesús chamou aos pescadores e deixaron as súas redes por el, hoxe chámanos a nós para que sigamos os seus pasos e comecemos a camiñar transmitindo as súas ensinanzas.
EVANXEO: Mc 1, 14-20
Lectura do santo Evanxeo segundo Marcos.
Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea e anunciaba o Evanxeo de Deus, dicindo:
—“O tempo está cumprido e chega o Reino de Deus; convertédevos e crede no Evanxeo.”
Camiñando pola ribeira do mar de Galilea, viu a Simón e mais a Andrés, o irmán de Simón, que estaban largado o aparello no mar, pois eran pescadores. Díxolles Xesús:
—“Vinde comigo, e fareivos pescadores de homes.”
Eles deixaron de contado as redes e seguírono.
Un pouco máis adiante viu a Santiago, o fillo de Zebedeo, e mais a Xoán, seu irmán; tamén eles estaban na barca arranxando as redes. E de seguida os chamou. Eles deixaron a seu pai, Zebedeo, na barca cos xornaleiros, e marcharon con el.
Palabra do Señor.
Rito da Confirmación
PRESENTACIÓN DOS CONFIRMANDOS: Marisa
Señor Vicario: Estes mozos e mozas foron bautizados coa promesa de que haberían de ser educados na fe e recibirían polo sacramento da Confirmación a forza do Espírito Santo.
Como educadores da súa fe presentámosllos á comunidade de Fontiñas e dicímosvos que veñen libres e sabedores do compromiso que hoxe asumen.
PRESENTACIÓN DE CADA CONFIRMANDO: Arturo
Adriana Brantuas Arijón
Belén Martínez Caamaño
Iván Dopazo Iglesias
Saleta Fernández López
Andrea Filloy Seoane
Sabela Ínsua Asorey
Ángela Míguez Barreiro
Sara Pereira Nogueira
Carlota Pérez González
Marcos Pinaque Varela
Laura Rodríguez Gómez
INTERVENCIÓN DEL CONFIRMANDO: Saleta
Ao principio todo era simplemente un anaco do noso tempo dos domingos no que nos xuntabamos cos catequistas, falabamos e iamos a misa; pero pouco a pouco foise convertindo en algo máis serio que pasar o tempo, foise convertindo nunha decisión que hoxe, xunto a comunidade de Fontiñas, amigos e familia, estamos a tomar. É a decisión de continuar o noso camiño e decidir libremente o que pensamos e no que cremos.
INTERVENCIÓN DUN CATEQUISTA: Arturo
Cierto día, un cuentista argentino llamado Jorge Bucay, dijo: “nadie puede saber por ti. Nadie puede crecer por ti. Nadie puede buscar por ti. Nadie puede hacer por ti lo que tú mismo debes hacer. La existencia no admite representantes”.
Si algo tuvimos especialmente claro Marisa y yo, animadores de este grupo, durante estos más de tres años, fue que lo realmente importante en esto es que cada persona que acudiera a las reuniones aprendiese a pensar por sí misma. Que aprendiese a decir sí o decir no cuando de verdad lo sintiese. A veces, por no decir siempre, la sociedad nos educa para dirigir nuestra opinión, y no es nada fácil salirse de esa corriente. Cada domingo hemos intentado poner a prueba todos y cada uno de esos “dogmas” que nos imponen. Hemos aprendido a cuestionarnos nuestras creencias más profundas y a desafiar verdades absolutas.
Por otra parte, en Fontiñas tenemos claro que la única manera para cumplir estas metas es la experiencia. De nada sirve que cualquiera de los animadores de esta parroquia soltemos sermones, porque lo que realmente queda y marca son las vivencias de cada persona. Si estos chicos y chicas están hoy aquí es porque sus vivencias les han empujado a ello. Nosotros simplemente hemos facilitado momentos, sensaciones, les hemos dado la posibilidad de tener un tiempo para parar y pensar.
Debemos tener en cuenta que estamos ante un grupo que todavía está buscando su sitio en esta Parroquia. Todos los que estamos aquí presentes tenemos la responsabilidad, en mayor o menor medida, de ayudarlos en su búsqueda.
Para finalizar, utilizaré otra cita, esta vez de Eduardo Galeano, un gran librepensador uruguayo:
“La utopía está en el horizonte. Camino dos pasos, ella se aleja dos pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. ¿Entonces para que sirve la utopía? Para eso, sirve para caminar”.
Para ellos, el camino empieza hoy.
INTERVENCIÓN DUN REPRESENTANTE DOS PAIS E NAIS
HOMILÍA
Renovación das promesas do Bautismo
MONICIÓN DA RENOVACIÓN DE PROMESAS: Marisa
Estes xóvenes veñen hoxe acompañados dos seus pais e padriños, que foron os que no día do seu bautismo asumiron no seu nome un compromiso. Todos eles foron ensinados e medraron para ser edificadores do Reino, e agora, ante todos nós, ratifican as promesas feitas entón, e testemuñan con liberdade pertencer á comunidade de Cristo.
RENOVACIÓN DE PROMESAS DO BAUTISMO:
Celebrante: ¿Renunciades a crervos superiores aos outros, isto é, a calquera xeito de abuso, discriminación, orgullo, egoísmo ou desprezo?
Confirmandos: Si, renuncio.
Celebrante: ¿Renunciades a calar diante das inxustizas e as necesidades da xente e das institucións por cobardía, preguiza, comodidade ou vantaxes persoais?
Confirmandos: Si, renuncio.
Celebrante: ¿Renunciades aos criterios e comportamentos materialistas que fan do diñeiro a aspiración máis grande da vida; que poñen o pracer por riba de todo; que procuran o negocio coma un valor absoluto; e que aprecian o ben propio como anteposto ao ben común?
Confirmandos: Si, renuncio.
Celebrante: ¿Credes en Deus, Pai todopoderoso, creador do ceo e mais da terra?
Confirmandos: Si, creo.
Celebrante: ¿Credes en Xesucristo, o seu Fillo único, noso Señor, que naceu da Virxe María, padeceu e foi sepultado, que resucitou de entre os mortos e está sentado á dereita do Pai?
Confirmandos: Si, creo.
Celebrante: ¿Credes no Espírito Santo, Señor e fonte de vida, que hoxe se vos vai comunicar dun xeito especial polo sacramento da Confirmación, como se lles deu aos Apóstolos no día de Pentecostés?
Confirmandos: Si, creo.
Celebrante: ¿Credes na Santa Igrexa católica, na comuñón dos santos, no perdón dos pecados, na resurrección da carne e na vida eterna?
Confirmandos: Si, creo.
Celebrante: Esta é a fe da nosa Igrexa, que nos gloriamos de profesar en Cristo Xesús, noso Señor.
Confirmandos: Amén.
Imposición de mans e crismación
MONICIÓN DA IMPOSICIÓN DE MANS: Miriam
Ser cristiáns esixe un estilo de vida propio, vós sabédelo ben porque fostes ensinados. É por iso que estades aquí, para reafirmarvos neste modo de vida onde se vive o amor ao próximo por riba de todo.
Ben, pois hoxe, Xesús quere lembrarvos dun xeito moi especial que non estades sós nesta dura tarefa. Recibide pois o Espírito de verdade que vós coñecedes, porque permanece en vós e está convosco. Será o voso defensor, o voso alento e a vosa paz.
ORACIÓN E IMPOSICIÓN DE MANS
MONICIÓN CRISMACIÓN: Arturo
Agora o Señor Vicario vaivos unxir co Santo Crisma. A vosa decisión de seguir a Cristo vai simbolizada e impresa co sinal da cruz na vosa fronte.
CRISMACIÓN:
O que presenta ao confirmando, é dicir, o padrino ou madriña, ponlle a súa man dereita sobre o ombreiro deste e dille ao celebrante o nome do presentado. O celebrante molla o dedo polgar da súa man dereita no Santo Crisma e fai con el o sinal da cruz sobre a testa do confirmando.
Celebrante: (Nome do confirmando), recibe por este sinal o don do Espírito Santo.
Confirmando: Amén.
Celebrante: A paz sexa contigo.
Confirmando: E contigo tamén.
CANTO: “Mi Dios está vivo”
Oración dos fieis
INVITACIÓN DO CELEBRANTE
PETICIÓNS: Sabela e Belén
Señor, pedímosche pola Parroquia de Fontiñas, porque grazas a ela atopamos o apoio ao longo do camiño.
Señor, pedímosche polos animadores, polo seu apoio e paciencia, e a súa vontade de axudar.
Señor, pedímosche polo terceiro e polo cuarto mundo, porque todos somos iguais ante ti, e debemos selo ante todo o mundo.
Señor, pedímosche por todo o grupo, pola súa unión e porque siga permanecendo así.
Señor, pedímosche forza para nós e para as nosas familias, para que sigan axudándonos a seguir o bo camiño.
ORACIÓN CONCLUSIVA
Liturxia da Eucaristía
PRESENTACIÓN DE OFRENDAS: Sara (lectura), Carlota, Iván, Laura, Adriana, Saleta, Marcos, e un representante dos pais e nais.
Señor ofrecémosche este pan e este viño, que representan a nosa aceptación de Cristo, símbolo do seu corpo e o seu sangue. Xesús ofrecéunolo a nós dicindo “tomade e comede todos del”. Non hai mensaxe de amor máis grande.
Señor ofrecémosche esta candea apagada que nos acompañou durante esta etapa. Agora entregámosche esta que encenderemos por primeira vez coa esperanza de que nos alumée durante este novo camiño que hoxe comezamos.
Señor, ofrecémosche estas cartas por ter para nós o valor do tempo de ocio e diversión que pasamos xuntos como grupo.
Señor ofrecémosche esta fotografía que é a imaxe da nosa unión e esforzo.
CANTO: “Éste es el cuerpo”
CANTO: “Hosanna Hey”
CANTO: “Padrenuestro marinero”
CANTO: “Pon tu mano”
CANTO: Color Esperanza / Ti que estás a ver (ao espertar)
ACCIÓN DE GRAZAS: Carlota e Marcos
En nome das persoas que forman o grupo queremos dar grazas aos nosos pais e nais que nos acompañaron e axudaron neste proceso de maduración.
Grazas aos nosos padriños e madriñas que hoxe nos acompañan nun día tan especial.
Grazas aos nosos animadores Marisa e Arturo que estiveron presentes estes últimos catro anos axudándonos a percorrer o camiño da fe.
Grazas ao Señor Vicario por estar presente e finalizar o noso proceso de Confirmación.
Grazas a Don Ricardo porque nos axudou en todo momento para que este día teña sentido.
Grazas ao coro e á xente que preparou con tanta ilusión a festa que hoxe estamos a celebrar.
E por último, queremos dar as grazas a todos os que nos acompañades nesta celebración e agardamos que sigades acompañándonos durante moito tempo.
Precisamos toda a vosa axuda coa presenza de Deus.
MONICIÓN DE DESPEDIDA: Ángela
Acabamos de recibir a forza do Espírito para ser testemuñas de Xesús. Este momento non é para nós unha meta senón un punto de partida. Queremos darvos as gracias aos que estades aquí con nós. A partir deste momento podedes contar connosco como parte activa da Parroquia de Fontiñas, porque queremos que esta parroquia sea casa e cousa nosa.
¡OUTRO MUNDO É POSIBLE!
BENDICIÓN
CANTO: “Que te vexo Xesús”