Eucaristía preparada por 1º de ESO: 15 de marzo

Entrada

Estamos hoxe reunidos como cada domingo, neste templo do que nos sentimos tan orgullosos. Está todo preparado, sentímonos acollidos. Cada cousa no seu sitio, todo ordenado e limpo. Hai flores frescas e as plantas están ben coidadas. Xesús invítamos á súa casa e está todo preparado.
Pero hoxe Xesús ensínanos que a verdadeira casa de Deus está dentro de nós. ¿Estamos nós preparados para recibilo?

Homilía

¿Qué pasaría se un domingo calquera ao chegarmos aquí, encontráramos o templo cheo de teas de arañas, coas fiestras sucias, as plantas mortas, unha vasoira rota apoiada nunha esquina es os libros vellos e sucios por non usalos en moito tempo? Non nos encontraríamos a gusto, non nos sentiríamos acollidos.

Deus vive en nós. Pero, ¿qué tipo de vivenda lle ofrecemos?

• ás veces temos as fiestras sucias porque non vemos o que pasa ao noso redor. Vivimos alleos ao sufrimento dos que nos rodean, incluso dos máis cercanos, da nosa familia. Voltámonos egoístas e so pensamos no noso benestar.
• E deixamos que todo se encha de teas de arañas. Abandonámonos. Descoidamos o noso aspecto, todo danos igual. Algúns se deixan levar polas drogas e o alcol, polas modas, porque é o que mola.
• Ou deixamos a vasoira tirada nun rincón. Volvémonos vagos, descoidamos nas nosas tarefas. Xa o farán meu pai, ou miña nai, ou meu compañeiro de traballo...calquera menos eu.
• E deixamos que as plantas se murchen. E non tratamos ben aos nosos amigos. Non os respectamos, apoiamos, escoitamos...”A amizade é coma unha planta, se non a regas morre e se a enchoupas, empodrece”.
• Tamén en ocasións deixamos que os libros se enchan de po. Non temos ganas de estudar, de adquirir coñecementos.

¿A ti gustaríache vivir nunha casa así?

Acollimos a Deus nas nosas vidas, abrímoslle o nosos corazón e aceptamos a súa proposta e vida. Temos que facer que sempre na nosa vida sexa primavera, e florezcamos en todo momento para que Él se sinta a gusto, contento de habitar en nós.

Acción de grazas

Gracias por estar dentro de min guiando os meus pasos por esta vida que todavía estou comezando a vivir e que cada vez é máis complicada. Espero non defraudarte no que esperas de min. Grazas por querer que sexa a túa morada, intentarei que sempre te atopes a gusto. Moitísimas grazas, Señor.