Bo día a todos e todas,neste 4º domingo de Cuaresma o grupo de Adultos II se encarga de dinamizar esta eucaristía.
Nos tres domingos anteriores, escoitamos que a Cuaresma é un camiño de renuncia dun mesmo e atención ao próximo, de compromiso, de comunidade, de Amor desinteresado, de esperanza, de cambio, de esforzo, de verdade, de persoas e de búsqueda de que “outro mundo é posible”.
No sentido desta mesma búsqueda nace o noso grupo, un grupo que celebra, que comparte vivencias e experiencias dende a fe, en comunidade e para a comunidade.
No noso pequeño grupo ou comunidade, intentamos avivar as nosas chamas individuais coa calor da comunidade, e esta luz que entre todos mantemos viva, pretende ser faro aceso para toda a comunidade parroquial de Fontiñas.
De maneira moi especial o día de hoxe para este grupiño de nenos e nenas que onte celebraron a súa festa do perdón e que recibirán a Xesús por primeira vez este curso.
E agora, pasan as presentárvolos as súas catequistas:
Cantamos:
Camiñar, sen Xesús sen amor, camiñar sen ti María.
Camiñar sen pastor que nos garde e guía
non é camiñar, non é camiñar, non é camiñar.
Camiñar sen saber onde está o que buscas noite e día.
Camiñar sen camiño,verdade e vida
non é camiñar, non é camiñar, non é camiñar.
PERDÓN
Porque en ocasións somos causa de división e de enfrontamento coas nosas actitudes, obras e palabras,
SEÑOR, PON LUZ NAS NOSAS VIDAS.
Porque ás veces nos permitimos xulgar ós demais,
CRISTO, PON LUZ NAS NOSAS VIDAS.
Porque reducimos a fe a normas e ritos descoidando o fundamental, que son os demais,
SEÑOR, PON LUZ NAS NOSAS VIDAS.
Cantamos:
Arrepentido de vivir sen sentido
percorrendo camiños que me arredan de ti.
Arrepentido das xornadas baleiras
e do tempo perdido que pasou ante min.
Perdonaos Señor, perdonaos,
perdonaos Señor, perdonaos.
Arrepentido de esquece-los proxectos
e mata-lo ideal de vivir coma ti.
Arrepentido de nega-lo sorriso
ou a axuda precisa a quen pasa onda min.
Perdonaos Señor, perdonaos,
perdonaos Señor, perdonaos.
MONICIÓN Á PRIMEIRA E SEGUNDA LECTURA
Hoxe celebramos o cuarto domingo de coresma, e as lecturas invítannos a achegarnos á LUZ. Deus creounos para que practiquemos as boas obras, e quen así fai, non ten medo de que se vexan as súas boas cousas, mentres que o que obra mal, procura non ser visto, como o ladrón ou o terrorista. Escoitemos con atención.
PRIMEIRA LECTURA: 2 Crónicas 36, 14-16.19-23
Cantamos:
A Cristo cantamos coa luz que alumea,
a Cristo cantamos co lume da fe. (Bis)
SEGUNDA LECTURA Efesios 2, 4-10
EVANXEO Xoán 3, 14-21
HOMILÍA
ORACIÓN DOS FIEIS
Señor, ti nos acompáñas no camiño da coresma que se nos propón como preparación para acoller a luz da Pascua e queres o mellor para nós, por iso dicimos confiados:
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE LUZ
Pola Igrexa, para que non teña medo en entrar en diálogo coa sociedade e as súas manifestacións, valorando o positivo que teñen e unindo esforzos para poñer vida alí onde hai morte, OREMOS
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE LUZ
Pola nosa comunidade para que rexeite tódalas actitudes que produzan medo, dor, exclusión social, marxinalidade, infelicidade, OREMOS
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE LUZ
Por todos nós, para que neste camiño da coresma, descubramos a presenza luminosa do Señor que nos invita ser máis solidarios, e entregados na construción dun mundo mais xusto e fraterno, OREMOS
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE LUZ
Polos nenos que hoxe presentan ante a comunidade a súa vontade de facer a primeira comuñón para que sintan sempre a compaña de Xesús coma a verdadeira luz e guía das súas vidas.
QUE SEXAMOS SEMENTADORES DE LUZ
Cantamos:
Sois la sal que puede dar sabor a la vida.
Sois la luz que tiene que alumbrar, llevar a Dios.
OFERTORIO
Recóllese o mantel antes da celebración e só se deixa o misal. Un neno e unha nena estírano antes de pousar as ofrendas. Levaranse tamén as candeas.
CADERNO: Señor, ofrecémosche este caderno onde te imos descubrindo cada semana có propósito de formar parte do teu proxecto.
FARO: Señor ofrecémosche este faro para que coa túa forza poidamos ser luces vivas que iluminen o camiño por onde imos e facer que a Túa Luz se extenda a todo o mundo.
PAN E VIÑO: Señor, o pan e o viño son símbolo da Vida. O pan partido e compartido é a expresión da entrega e do compartir. O viño é dador de vida e alegría do corazón. Recibe tamén o noso propósito de convertirnos en pan e viño para todas aquelas persoas que o precisan neste camiño cara a Pascua.
Cantamos:santo
Santo és ti, Santo és Señor, Santo és ti, Santo és Señor,
enche-lo ceo e maila terra coa túa gloria, co teu amor.
Cantamos:noso pai
Noso pai que sempre estás nos que aman a verdad,
fai que o reino que por ti chegou
encha axiña o noso corazón.
E o amor que teu fillo nos deixou,
ese amor, reine xa nesta terra.
E co pan que Tí nos das, Señor fai que brile a paz
E perdoa o mal que hai en nós,
danos gracia para perdoar,
non permitas que nos venza a tentación,
oh señor, reina xa neste mundo.
Cantamos:paz
Paz en la tierra, paz en las alturas,
que el gozo eterno reine en nuestro corazón. (Bis)
Da la paz, hermano, da la paz,
constrúyela en tu corazón y con tu gesto afirmarás que quieres la paz.
Que tu paz, hermano, sea don,
es el mejor signo de amor que tu nos puedes ofrecer, abrazo de paz.
Cantamos:comuñón
Cuando das sin esperar, cuando quieres de verdad,
cuando brindas perdón en lugar de rencor
hay paz en tu corazón.
Cuando sientes compasión del amigo y su dolor,
cuando miras la estrella que oculta la niebla
hay paz en tu corazón.
Más allá del rencor, de las lágrimas y el dolor,
brilla la luz del amor dentro de cada corazón.
Ilusión, amistad, pon tus sueños a volar,
Siembra paz, brinda amor
que el mundo entero pide más.
Cuando brota una oración, cuando aceptas el error,
cuando encuentras lugar para la libertad
hay una sonrisa más.
Cuando buscas con ardor y descubres tu verdad,
cuando quieras forjar un mañana mejor
hay paz en tu corazón.
Más allá…
Hay un rayo de sol a través del cristal,
hay un mundo mejor cuando aprendes a amar.
Más allá…
ACCIÓN DE GRAZAS
Señor, quero vivir na fe da Igrexa,
que a túa luz ilustre a miña fe.
Quero erguerme cada día coa seguridade
de que ti me amas cegamente,
de que por min mandáche.lo teu Fillo ó mundo,
de que a túa ansia mayor é
que eu teña vida abundante e feliz,
agora e sempre,
que toda a xente do mundo teña
vida abundante e feliz,
agora, xa, e sempre.
Señor, quero vivir na fe de tódolos crentes,
que a túa luz ilustre a miña fe.
quero sentir cabo min ó teu Fillo Xesús
non xulgando, senón salvando,
non reprimiendo, senón potenciando,
non achicando, senón liberando.
Señor quero vivir na fe dos teus pobres,
que a túa luz ilustre a miña fe.
Quero abrirme a tódalas luces da vida,
a tódalas luces de toda a xente,
ata ás luces máis pequenas e lonxanas
onde, se cadra, ti me mostras un camiño.
Quero crerte, amarte e seguirte.
Señor, quero vivir na fe da comunidade
que a túa luz ilustre a miña fe.
Cantamos:
Eu soñei que algunha vez
todo o mundo era un fogar,
todo o mundo unha familia, unha familia universal.
Unha casa que eu soñei coas portas sen pechar,
todo o mundo unha familia, unha familia universal.
Xa se abren fronteiras e caen os muros,
e téndense as mans, e vívese en paz.
E fálanse línguas, e rézase unidos,
sen medo podemos cantar.
Eu soñei que algunha vez…