Eucaristía do Envío 2009: Estamos en camiño, e ti?

4 de outubro de 2009

MONICIÓN DE ENTRADA

Estamos en camiño ¿e tí?
Hoxe, comezamos un novo curso.
Faremos camiño ó andar, tal e como dí o poeta.

Os membros dos distintos grupos que colaboramos na parroquia , estamos dispostos a aceptar este novo reto: "camiñar xuntos".

Como vedes haí un magnífico mural, aquí detrás; que nos acompañará ao longo de todo o ano e que tenta representar a nosa liña de traballo:

A celeración como punto de partida e como punto de chegada dos distintos camiños que tentamos emprender.

Camiñar xuntos, compartindo o camiño.

Camiñar xuntos, en actitude de servicio aos demáis.

Camiñar xuntos, en actitude de escoita.
Seguramente haberá atrancos, algún desánimo,
poderannos faltar folgos; pero non estamos sós.
tal e como canta o salmo, cantaremos nós:

"o Señor e o meu pastor, nada me falta:
en verdes prados me fai recostar.

aínda que camiñe por cañadas oscuras,
nada temo, porque tí vas conmigo:
a túa vara eo teu caxato soséganme"

Estamos en camiño ¿e tí?


MONICIÓN AS LECTURAS


Hoxe as lecturas fálannos de que o home e a muller están destinados a construir comunidade en fidelidade e amor que unifica.

A fonte e modelo de todo amor é o de Xesús,
que se sacrifica a sí mesmo por todos nós.


ORACIÓN DA COMUNIDADE


Pidamos a forza do Señor e a unión dos membros das nosas comunidades para,
na pluralidade das preocupacións de cada un, saibamos poñernos sempre nas
mans de Deus. E digamos xuntos:

QUE SEXAMOS COMUNIDADES UNIDAS E TOLERANTES

• Pola nosa Igrexa diocesana, para que seguindo o camiño que abriu o
Sínodo traballe por favorecer nas parroquias e na diocese relacións de
igualdade entre homes e mulleres, OREMOS.

QUE SEXAMOS COMUNIDADES UNIDAS E TOLERANTES

• Para que as nosas comunidades sexan sempre berces de acollida, perdón
e misericordia, OREMOS.

QUE SEXAMOS COMUNIDADES UNIDAS E TOLERANTES

• Para que cada un e cada unha de nós non nos deixemos levar da
tentación de impoñer o noso criterio e criticar a quen pensa distinto,
OREMOS.

QUE SEXAMOS COMUNIDADES UNIDAS E TOLERANTES

Grazas, Señor, por abrirnos os ollos á fraternidade da unión que sabe respectar
a to@s sen excluír a ninguén..P.X.N.S.Amén.

OFERTORIO

CAXATO: O caxato é o apoio para o Camiño. Nos queremos que o noso principal apoio no camiño sexa a comunidade. Por iso simbolizamos neste caxato a nosa aspiración por construir en Fontiñas unha verdadeira comunidade.

LINTERNA: A linterna é a guía para percorrer o Camiño. Nos queremos que a nosa mellor guía para o Camiño sexa Xesús. Na linterna simbolizamos os nosos desexos de que o evanxeo sexa unha luz sempre acesa nas nosas vidas.


PAN E VIÑO: Con pan en viño faise o Camiño. Nos queremos que a eucaristía sexa sempre para nós unha fonte de vida. Co pan e co viño poñemos sobre altar o noso compromiso por construir un mundo cheo de vida verdadeira para todos.