CELEBRACIÓN PREPARADA POLO GRUPO DE 3º DA ESO

O 18 de abril, as mozas e mozos de 3º da ESO, prepararon a celebración con estas aportacións persoais:

XESÚS ATRÁPANOS NA SÚA REDE

No Evanxeo de hoxe, Xesús dille a Pedro, despois dunha infructuosa noite de pesca, que bote de novo as redes. Esas redes conseguen atrapar unha morea de peixes que non se poden resistir a ser capturados.

Hoxe en día, nós somos como eses peixes atrapados nas redes. Pero non en redes de cordas, redes de mar, senon nunhas redes moito máis complexas e moito máis efectivas. Son redes que, por unha banda, pódenos manter xuntos, pero pola outra, pódenos separar do resto.

Para nós, existen dous tipos de redes. As redes que nos bota Xesús coa súa experiencia de vida, coa súa experiencia do amor e coa súa experiencia de Deus, e as redes que pescan as nosas vidas cada día, moitas veces sen darnos nin sequera conta.
As redes que nos propón Xesús son:

• A palabra que el mesmo dixo na lectura de hoxe: “SÉGUEME”, para non desviarnos da senda que trazou durante a súa vida, co seu exemplo e coas súas verbas.

• O COMPROMISO, a capacidade para ser consecuente coas decisión que tomamos, a ser fieis a nós mesmos e ós demais.

• A COMUNIDADE, porque non se pode vivir a experiencia de Xesús de xeito individual, senón que é un sentimento compartido, unha ledicia compartida.

• O ESFORZO, ser capaces de chegar onde desexemos, botándolle tempo e ganas, traballando por aquilo que consideramos que merece a pena. O esforzó de Xesús continúa tendo froito máis de 2000 anos despois.

• O APOIO, ser o bastón dos nosos irmáns cando se atopan en dificultades, porque as velocidades son distintas, pero unha man atenta fai máis doado o camino.

• O COMPARTIR, non é posible entender a Xesús excluíndo ós demais, porque non habería comunidade, nin obxectivos, nin irmáns. O afán polas cousas materiais racharía esta rede coma se fose de papel.

• O PERDÓN, porque non hai maior xesto de amor que aceptar que non somos perfectos, que non sempre obramos ben, pero que temos o don de facer que iso non sexa un obstáculo insalvable.


As redes que pensamos que temos hoxe en día, que dalgún xeito pescan as nosas vidas, son:

• Os AMIGOS, esas persoas que sempre están aí, que forman parte das nosas vidas, que non nos fallan e coas que vivimos momentos inesquecibles.

• INTERTET: Dende que as tres W chegaron ás nosas casas, parece que era imposible ter vivido sen elas antes. As redes sociais, o Messenger… son actividades de cada día, pero… ¿qué mellor que charlar con un amigo cara a cara, ríndote de verdade, e non escribindo as carcaxadas nunha pantalla?

• A FAMILIA: Sen as nosas familias non seriamos tal e como somos. Son a nosa base, o noso fogar, o núcleo do que partimos e onde temos as portas abertas para volver. É a nosa rede máis importante.

• A TELEVISÓN, porque está acendida en moitos momentos das nosas vidas. Porque se botan ese programa, ou esa serie… cambiamo-los planes. A tele non é unha persoa, polo que non lle debemos adicar máis tempo do que de verdade merece.

• O TRABALLO: Unha rede fundamental nos adultos. Sen traballo non hai cartos, e sen cartos cada día sería un obstáculo, o camiño faríase máis costa arriba.

• A REDE DO EU: Formamos parte dunha familia, dunha escola, dun traballo, dun grupo de amigos, dunha parroquia… pero sempre temos un espazo no que non pode entrar ningúen. Cada peixe ten a súa propia rede, pero canto máis grande sexa esta, haberá outras que terán que facerse máis pequenas.